GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DE O TALENTIÑO

Certame de novos talentos artísticos

GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DE O TALENTIÑO

GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DE O TALENTIÑO

Rematado o proceso de inscición de participantes dende as entidades culturais de Canido e membros da organización queremos agradecer a confianza depositada polos pais, nais e rapaces da comarca de Ferrolterra.

Despois de 3 semanas de proceso de envío de solicitudes de participación recibironse máis de 50 correos electrónicos dos que moitos tiveron que ser desatendidos ó tratarse de rapaces que non cumprian as bases da convocatoria (non pertencer á comarca, non cumprir a idade ou non corresponderse coas disciplinas artísticas desta convocatoria). Desatendidas estas inscricións preto de 40 rapaces de toda a comarca participan nesta I Edición de O Talentiño.

Ó longo desta semana o xurado escollerá os finalistas titulares que competirán en cada categoría e determinará tamén os suplentes finalistas por se algún dos titulares non puidese participar na final. Paralelamente tamén se seleccionarán os talentiños que pasarán a formar parte do catálogo dixital. Todos os finalistas de por si xa pasarán a formar parte do devandito catálogo que se elaborará a partir de fotografías e información que se solicitará ós pais/nais o día no que se celebre a final. Todos os seleccionados acudirán á gala da gran final do Talentiño que terá lugar o vindeiro día 30 ás 19:00.

Debido a alta acollida, a organización replanteouse traballar en pasar o evento do centro cívico ó Centro Cultural Torrente Ballester. En vindeiros días publicarase toda a información xunto coa relación de seleccionados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *