O Talentiño 2024 xa ten gañadores

Este sábado 11 de Maio tivo lugar no Torrente Balleste a gala final da II edición do certame O Talentiño, na que resultaron vencedores Diego Mourente Fernández na categoría de vocalistas, Carmen Ramírez Camba na de instrumentistas, Julia Pérez Crespo fíxose co primeiro posto en danza lírica, mentres que en danza urbana foi vencedor David Amor Vizoso, e en variedades Simón García Sisto.

O Alcalde de Ferrol destacou o incontestable talento que hai na cidade, como se constatou nesta segunda edición, na que todos os participantes pasarán a formar parte dun catálogo web de rapaces e rapazas artistas de Ferrol. Rey Varela confiou en poder seguir descubrindo novos artistas en vindeiras edicións, anunciando que a do 2025 terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol e desexou o maior dos éxitos aos gañadores.

Categories:

Tags:

No responses yet

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *